Sermos Galiza

O paradoxo do percebe

As cruces do Roncudo son elocuentes, un recordatorio eficaz do que pode acontecer ao internarse no mar. Alí traballan os percebeiros e percebeiras da confraría de Corme, cuxa contorna agocha percebes de fama mundial. Á súa calidade súmanse a estacionalidade e o perigo asumido para obtelos, que conforman un contundente valor engadido. Porén, cada vez son menos as persoas que conseguen gañar a vida con este oficio que unicamente pode desenvolverse cando quere o mar. É a gran contradición que marca as xentes do percebe: arriscar a vida para poder gañala.

As cruces presentes na contorna do faro Roncudo, onde traballan os percebeiros de Corme, lembran as persoas falecidas no mar. (Foto: Brais Lorenzo).
photo_camera As cruces presentes na contorna do faro Roncudo, onde traballan os percebeiros de Corme, lembran as persoas falecidas no mar. (Foto: Brais Lorenzo).
Son as 9 e media da mañá do 17 de decembro e a percebeira Mari Lista sobe a paso tranquilo a costa do Faro Roncudo, en Corme. Cando chega ás rochas que envolven o pé da torre, pousa os seus ollos…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios