Na lingua que eu canto: música e identidade(S), hibridadas no global

A identidade cultural na música, como tantas outras manifestacións nas que a palabra non ten por que adoptar o rol central, esperta preguntas complexas e por veces mesmo controvertidas. Que factores nos levan a estabelecela? Que podemos chamar música galega? É a lingua un elemento determinante? Que papel desenvolveu e cal aspiramos que xogue no futuro? Son estas interrogacións fluídas que flotan nun mundo de identidades líquidas, por veces case –cando menos, en teoría– evaporadas nas dinámicas do global ou nas hibridacións aceleradas, para as que a diversidade de respostas incita máis a reflexión que latexa no múltiple, para axudarnos a entender quen somos e por que, ou se cadra máis importante, cara a onde queremos encarreirar o mañá.
A compositora e intérprete Guadi Galego.(Foto: Nós Diario).
photo_camera A compositora e intérprete Guadi Galego.(Foto: Nós Diario).
Nun mundo crecentemente globalizado, as transformacións de conceptos como identidade ou cultura teñen provocado a reflexión desde múltiples disciplinas –filosofía, socioloxía, antropoloxía... Os…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios