A historia non é linear. A literatura, tamén non...

É tópico asentado na historia política da Galiza a división do movemento que a definiu como suxeito político en tres fases consecutivas, e das consecuencias ideolóxicas e organizativas a que isto deu lugar: provincialismo, rexionalismo, nacionalismo. O primeiro, baseado nunha reclamación da Galiza como provincia, como unidade, face á división tetraprovincial decretada polo goberno liberal español (1833); o segundo, como primeira expresión de auto-organización política, coa obra de Murguía e a de Brañas como referentes fundamentais; o terceiro, xa no século XX, coa creación das Irmandades da Fala, a desestima do “regionalismo sano y bien entendido” (Antón Vilar Ponte) e a utilización clara e desacomplexada do termo nacionalismo e da súa xustificación e necesidade. 
O poeta galego Francisco Añón viuse obrigado a exiliarse en Portugal por participar na revolución galega de 1846.
photo_camera O poeta galego Francisco Añón viuse obrigado a exiliarse en Portugal por participar na revolución galega de 1846.
Como moitos outros tópicos, este contén unha parte de verdade e unha outra de simplificación histórica. Resulta un recurso eficaz e cómodo, sobre todo a efeitos didácticos: eficaz por evolutivo, e…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios