domingo 24/10/21

Espazos e figuras de Pérez Porto

Alto, de chaleco azul co seu reloxo e cadea prateadas, pantalón de cana azul tamén (o ton do mar cóbreo todo) e suaves ollos abertos sempre á comunicación e ao sorriso, o Fran Pérez Porto convida xa de entrada a achegar a sabedoría e beleza do seu inmenso traballo. Máxico coma Merlín (unha nube de cabelos brancos ao ar, animando a cor tostada do seu rostro), foi quen de crear cun selo moi persoal a revolución das formas galegas desde a súa base popular alfareira a unha cerámica artística e moi orixinal.
Pérez Porto co mago Marlín, Esmelle, obra de 2006.
Pérez Porto co mago Marlín, Esmelle, obra de 2006.
Nace a mañá en Fene, centro vital do ceramista, e na compaña da Carme Romero, boa ceramista tamén, e do Louren Castro, o deejay de música tecno que devecía desde hai tempo por coñecer o artista, iniciamos un encontro deses que deixan…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios