venres 23/07/21

Emilia Pardo Bazán e a Galiza

María Pilar García Negro publicará nos próximos días o volume Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán na editora Alvarellos. No ano en que se celebra o centenario da morte da autora coruñesa, varias cuestións controvertidas arrodean a súa figura. O seu posicionamento feminista, así como a súa significación política e social dentro do contexto galego son temas de debate. Por outra banda, a súa actitude ante a lingua e a literatura galegas e, en concreto, o tratamento que lle dispensou a Rosalía de Castro son asuntos da máxima actualidade que García Negro aborda no seu libro. Sermos Galiza adianta, en exclusiva, o prólogo dunha obra que ofrece un perfil sobre unha figura que aínda está pendente dunha valoración libre de lugares comúns e, sobre todo, dunha ollada deitada desde a Galiza.
Emilia Pardo Bazán no seu escritorio.
Emilia Pardo Bazán no seu escritorio.
O 8 de Xuño de 1908, Emilia Pardo Bazán publica en La Ilustración Artística –revista en que colaborou con centos de artigos e periodicidade admirabelmente sostida, desde 1895 até 1916– a colaboración quincenal que levaba por epígrafe…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios