sábado 25/09/21
30 anos da Facultade de Belas Artes

Democratizármonos coa arte: 30 anos de Belas Artes na Galiza

Os estudos de Belas Artes da Universidade de Vigo fan 30 anos en Pontevedra sendo os únicos deste tipo na Galiza, sumados ás disciplinas impartidas nas Escolas Superiores de Arte e Deseño Pablo Picasso, na Coruña, e a santiaguesa Mestre Mateo, celebrados cunha exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea, onde as disciplinas dialogan cos novos públicos e incentivan a reflexión e o contacto coa sociedade. Artistas e alumnado pasado polas aulas demandan, tamén, mudanzas desde o académico cunha maior proximidade ao popular e ao funcionamento actual do gremio. Pomos voz a unha traxectoria cunha fonda pegada nas xeracións que cambiaron e cambian a arte galega para os nosos días.
Un aspecto da instalación de Mar Vicente 'A sombra é a raíña da cor'.
Un aspecto da instalación de Mar Vicente 'A sombra é a raíña da cor'.
É decembro de 1992 e en Pontevedra está a chover. As forzas vivas e autoridades municipais asisten nun edificio de corte neoclásico, castrense, a un acto protocolario no aínda Cuartel de San Fernando, unha construción na rúa da…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
Democratizármonos coa arte: 30 anos de Belas Artes na Galiza
comentarios