sábado 27/11/21

Balea azul, o derradeiro canto do xigante

O día 10 de agosto foi avistado perto das illas Cíes o primeiro exemplar de balea azul da tempada. As fotografías da aleta e lombo do gran mamífero percorreron as redes sociais no corazón do verán, facendo a ledicia de todo aquel que se atopase perante a rechamante imaxe. Malia que a observación de grandes cetáceos nas nosas costas adoita ser visto polos veraneantes como un feito extraordinario e positivo, reflexo da riqueza e biodiversidade dos nosos mares, para os biólogos mariños e investigadores, este feito evidencia unha realidade ben distinta.
Unha balea azul mergullándose nas proximidades das illas Cíes. / BDRI
Unha balea azul mergullándose nas proximidades das illas Cíes. / BDRI
Como afirma Alfredo López Fernández, doutor en Bioloxía Mariña da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños de Galiza (CEMMA) a presenza dun animal tan raro de ver como a balea azul nas nosas costas, lonxe de ser favorábel o que…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
Balea azul, o derradeiro canto do xigante
comentarios