Alejandro Viana: ao rescate de milleiros de represaliados

"Peza a peza completei o crebacabezas e reconstruín o seu periplo vital. Tras dez anos de investigación, só me restaba coser os miles de anacos da súa existencia para insuflarlle vida emulando ao moderno Prometeo de Mery Shelley: desta volta para desafiar non os deuses, senón o inxusto silencio". Así explica Roberto Mera, no prólogo do libro 'Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos' (Belagua Ediciones 2021, Premio de Investigación Antón Losada Diéguez 2022), a investigación que o levou a "resucitar" o seu tío bisavó, Alejandro Viana Esperón. Esta é a historia.
Alejandro Viana, o 9 de maio de 1944, en México D. F.
photo_camera Alejandro Viana, o 9 de maio de 1944, en México D. F.
Corría o ano 1877 cando na Praza Maior de Ponteareas nacía Alejandro Viana Esperón. Tras a súa infancia na súa vila natal, no seo dunha familia humilde e sen apenas formación, con 14 anos trasládase…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios