Abrámoslle a fiestra a Alejandra Murguía

Contan que cando Rosalía de Castro sentiu que se lle esvaecía a vida pediulle á súa filla Alejandra que abrise a fiestra para sentir o mar. Alejandra Murguía tiña 26 anos e, dende que a súa nai enfermara, non se separara da aba da súa cama. Soltaría a débil man Rosalía para abrir a fiestra ao aire do verán, que indiferente, entraría na habitación da casa da Matanza para inundar cada recuncho coa súa morna fasquía e para levar o último alento de Rosalía sobre a terra que tanto cantara, e sobre a auga que discorría entre as vizosas e verdes orelas do Sar.
Murguía e Rosalía
photo_camera Murguía e Rosalía
Logo, Alejandra, tivo que pechar a ventá para velar o cativo corpo morto da súa nai e preparalo coidadosamente, para que repousase no diminuto cemiterio de Adina. Mais non amortallaba soamente un…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios