Yolanda Díaz supedita o apoio á investidura de Sánchez a que este ”se comprometa con Galiza”

A deputada de Galicia en Común -nova denominación de En Común Unidas Podemos- defendeu na audiencia con Filipe VI unha coalición entre PSOE e Unidas Podemos.

YOLANDA DIAZ fELIPE vi imaxe Casa Real
photo_camera Imaxe:Casa Real

Os dous deputados de Galicia en Común (nova denominación de En Común-Unidas Podemos), que fan parte do grupo confederal de Unidas Podemos, supedita o seu voto favorábel a Pedro Sánchez a que este “se comprometa con Galiza”. Así o manifestou Yolanda Díaz na comparecencia ante a imprensa após a súa audiencia con Filipe VI.

Díaz, porén, defendeu perante o xefe do estado un goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos. Ela defende que as “urnas” expresaron unha demanda de goberno de coalición, rexeitando executivos “monocores”.

Recoñeceu a súa sorpresa polo feito de que a estas alturas aínda non houbese nin “una pequena conversa” entre o PSOE e o grupo confederal para explorar a posibilidade dun acordo programático. “Iso depende de Pedro Sánchez e é a quen debe dicir con claridade que é o que quer”.

Comentarios