Yolanda Díaz responde a Beiras: “Se quere ser candidato, que o diga”

A coordenadora de EU reitera que non é partidaria dun perfil como o do veterano dirixente e requíreo a que non manteña a dúbida por máis tempo sobre se dá ou non o paso de se postular.

Yolanda Díaz_En Marea
photo_camera Yolanda Díaz_En Marea


“Se quere ser candidato, que o diga”. Así respondeu Yolanda Díaz a Xosé Manuel Beiras e o seu requerimento á coordenadora de Esquerda Unida a que “se me quere sacar do medio, que explique por que”. Nunha entrevista en La Voz de Galicia, Díaz afirma que non varía a súa opinión e segue a considerar que o perfil de Beiras non é o máis acaído, optando por un diferente. “Non son partidaria de que fose el, mais dígoo con cariño”, responde, para lembrar que ela propia e Pablo Iglesas lle propuxeron que para as xerais fose “o referente de En Marea, pero internamente no seu partido [Anova] non o consideraron adecuado”.

Iso Si, Díaz pídelle a Beiras que “non manteña a dúbida máis tempo” e diga se quere ser ou non candidato. E neste sentido, apontou que tería máis apoio en Esquerda Unida que en Anova.

“No debate identitario non imos estar”

Na entrevista tamén lle preguntaron á coordenadora de EU sobre o debate aberto en torno á fórmula de concorrencia de En Marea ás xerais. Anova é partidaria de facelo como partido instrumental, algo que non partillan nin Esquerda Unida nin Podemos. “O noso acordo político é de formar unha coalición”, responde escuetamente. Iso si, aponta posteriormente que “no debate identitario non imos estar” e que “Non se pode cambiar un acordo baseado no discurso social por outro identitario”. Opinións que culminou cun “eu non me vou volver independentista agora”. 

Comentarios