Yolanda Díaz (EU) cre que a esquerda "unitaria europea" ten unha "tendencia ascendente"

A líder de Esquerda Unida na Galiza deitou unha manchea de gabanzas a Lidia Senra (Anova), de quen dixo que "vai loitar contra os poderosos".

Yolanda Díaz e Rubén Pérez [Imaxe de arquivo: EU]
photo_camera Yolanda Díaz e Rubén Pérez [Imaxe de arquivo: EU]

Yolanda Díaz é o referente de Esquerda Unida na Galiza e viceportavoz parlamentar de AGE. Nas súas primeiras declaracións en campaña -compareceu en conferencia de imprensa na Coruña, na compaña do seu portavoz municipal, César Santiso- expresou a súa convicción de que "a esquerda unitaria europea" ten unha "tendencia á alza".

Porén, evitou o ton triunfalista á hora de avaliar as enquisas, após o CIS ter outorgado cinco escanos á candidatura de IU -na que se integra en posto de saída Lidia Senra, de Anova.

A líder de EU dixo de Lidia Senra que irá "loitar contra os poderosos", en alusión a "eses senvergonzas que desde Bruxelas din que nos teñen que baixar os salarios". Yolanda Díaz definiu Senra como unha "muller loitadora que representa o pobo galego e que ten claro que vai loitar contra os poderosos".

Comentarios