Yolanda Díaz chama a ''construír moitas AGEs'' en todo o Estado cara ás europeas

A coordenadora nacional de EU pronunciouse nestes termos nunha entrevista en RNE-Galiza.

Yolanda Díaz
photo_camera [Imaxe: SG]


A coordenadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, chama a ''construír moitas AGEs'' en todo o Estado español de cara ás eleccións europeas para ''facer forza contra a oligarquía que tomou o control do proceso político". 

Nunha entrevista concedida este 24 de novembro a RNE-Galiza, Díaz enfatizou que o posicionamento de EU vai na liña de "rachar o bloque hexemónico" que conforma o bipartito PP-PSOE. Ao lle preguntar pola posibilidade de que unha das organizacións que fan parte de AGE, Anova, podería concorrer ás europeas canda outras forzas nacionalistas, soltándose da man de EU, Yolanda Díaz chamou a "contruír moitas AGEs" para "rachar coa situación antidemocrática que existe en Europa".

Noutra entrevista, desta volta en Sermos Galiza, a coordenadora nacional de EU dixo que "respectariamos que Anova fose en coligación con forzas nacionalistas". Namentres, Anova convocou unha xuntanza da súa Coordenadora Nacional para o 14 de decembro, onde preguntará á militancia que organizacións consideran acaídas para o acordo face as europeas.

Comentarios