Mitin en Pontevedra

Yolanda Díaz alerta que cun pacto PSOE-Cs mandaría o IBEX 35

En Común-Unidas Podemos advirte no mitin en Pontevedra que ante un posíbel pacto de Sánchez con Rivera, “quen realmente mandaría sería o IBEX 35”.

yolanda diaz
photo_camera Yolanda Díaz en Pontevedra

A candidata ao Congreso Yolanda Díaz advertiu no mitin de Pontevedra desta formación que un posíbel acordo entre o PSOE e Ciudadanos sería dar o mando ao IBEX 35 “e iso é sinónimo de impunidade para os poderosos, mentres que con nós no executivo as empresas do IBEX 35, a Igrexa e todos os poderosos como Amancio Ortega van pagar impostos, como todo o mundo”.

“En España a modalidade contractual laboral vaise chamar contrato indefinido”, sinalou Díaz



Desde Pontevedra, Yolanda Díaz tamén denunciou a precariedade que trouxeron as reformas laborais e acusou ao PP e á súa candidata ao Congreso pola mesma circunscrición, Ana Pastor, de “mentir cando din que crean emprego”, xa que, segundo argumentou Díaz “coa súa reforma laboral o único que fixeron foi repartir miseria”. A cabeza de lista citou que “en Pontevedra só o 6'5% dos contratos son indefinidos. Iso é o que fixo o PP" e afirmou que “en España a modalidade contractual laboral vaise chamar contrato indefinido”.


Tamén participou no mitin o candidato Alberto Rodríguez, quen sinalou que “a corrupción é a forma de gobernar dos que neste país non se presentan ás eleccións" e chamou a votar o 28 de abril para “que gobernemos os que non debemos nada a ninguén”.

Comentarios