Xunta pide ao Goberno español “aclaracións” sobre o feche da fronteira con Portugal

Pide tamén máis equipos de protección persoal para os servizos de emerxencia e Protección Civil.

Fronteira

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou ao goberno español máis equipos de protección individual (EPI) para dotar os servizos de emerxencia e grupos de Protección Civil para que poidan levar a cabo o seu traballo "con todas as garantías ante a epidemia do coronavirus ".

Así o indicou a Xunta nun comunicado de prensa, no que explicou que esta solicitude foi trasladada ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, con quen mantivo unha videoconferencia canda directores do resto de territorios e delegados do goberno.

Na reunión, Rueda tamén pediu outras aclaracións como o peche da fronteira con Portugal, "moi relevante para Galiza", matizou a Xunta, "debido á gran actividade que se desenvolve arredor da raia".

Así mesmo, o vicepresidente galego aproveitou para trasladar a posición de Galiza sobre a necesidade de manter abertos os talleres mecánicos, que "realizan unha tarefa fundamental para manter operativos outros servizos básicos, como emerxencia, o transporte ou urxencias sanitarias", concretou a Xunta.

Comentarios