"Se a Xunta non vai ao Monte Pindo, o Monte Pindo vai á Xunta"

Através do BNG, a Asociación Monte Pindo Parque Natural, preguntará á Xunta pola súa xestión da catástrofe no Olimpo Celta.

Monte Pindo
photo_camera Monte Pindo

Após un ano do incendio acontecido no Monte Pindo, o goberno galego terá que responder ás preguntas da Asociación que está a promover a recuperación e protección deste espazo natural. 

A Xunta de Galiza --titular da xestión do Pindo-- continúa sen dar conta dos plans de actuación que ten previsto acometer nen tampouco a respeito da proliferación de eucaliptos nas inmediacións do LIC, como denuncian desde Monte Pindo Parque Natural. Neste senso, a administración mesmo rexeitou atender a chamada de Sermos Galiza con motivo da reportaxe publicada no número 114 do noso semanrio

Así é que "se a Xunta non vai ao Monte Pindo", din desde o colectivo veciñal e social, "o Monte Pindo vai á Xunta". Através da deputada do BNG, Ana Pontón, a asociación preguntará en sesión parlamentar pola "impunidade do autor material, a falta de avaliación das consecuencias desta catástrofe, a carencia total de iniciativas e recursos para a reparación dos danos e a recuperación do espazo mediante un plan de xestión" e pola "irrupción de eucalipto que invade xa centos de hectáreas ata ameazar á especie máis valiosa deste espazo, o carballo anano", sinalan desde a súa páxina web. 

Cumpre lembrar que a asociación e o Concello de Carnota están a estudar a posbilidade de rachar a concesión que outorga a xestión do Monte á Xunta. 

Máis en POLÍTICA
Comentarios