Custará 395 millóns

A Xunta manterá nas Xubias o novo hospital da Coruña

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixoo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentaron onte na Coruña o proxecto de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario, que finalmente se construirá no mesmo emprazamento do actual, nas Xubias, e non no ámbito da antiga Fábrica de Armas, como apuntara o Goberno galego cando se presentou o proxecto para transformar esta área industrial na denominada Cidade das TIC, ou noutra localización alonxada. 
2020012920005754297
photo_camera Feixoo presentou onte o proxecto hospitalario para A Coruña.

A alcaldesa, Inés Rei, saudou a decisión de manter a localización e cualificou a ampliación como "unha gran noticia que abre unha porta de futuro a medio prazo", aínda que urxiu, no curto, "solucións aos colapsos en Urxencias, aos problemas de mobilidade para chegar aos hospitais e outras moitas cuestións ben coñecidas". Tamén chamou a Xunta a atender o persoal sanitario, “un patrimonio humano de honra que merece ser tratado como tal”. 

Precisamente, unha vintena de representantes sindicais aproveitaron o acto para deixar patentes as súas reclamacións, nas que demandaron un aumento do persoal dos servizos sanitarios públicos e un conciente axeitado de pacientes por profesional. En declaracións aos medios, unha das portavoces, Lucía Peón, cualificou de "insignificante" o incremento de camas previsto e recordou o "desborde" das Urxencias e a sobrecarga da área sanitaria. 

As novas instalacións sanitarias duplicarán a superficie

Segundo o anunciado pola Xunta, a "fase cero" do proxecto de ampliación licitarase en dous meses para que a obra poida comezar este ano no antigo edificio de Urxencias, que albergará o hospital de día e a nova planta de hospitalización".

"É un proxecto de cidade", resumiu Feixoo, que, como dato, salientou a incorporación de 45.800 metros cadrados aos 40.000 xa existentes, polos terreos de zonas adxacentes que se incorporarán ao hospital. 

O investimento, segundo se indicou, ascenderá a 395 millóns, que inclúen os 252 millóns previstos para as obras e 31 para a urbanización e accesibilidade, coa incorporación de novos aparcadoiros e dun novo "anel de distribución" da circulación. Na contía figuran tamén 12 millóns de expropiacións e outros 100 en equipamentos tecnolóxicos. Haberá tamén 12 millóns para reformas nos hospitais de Oza e Abente e Lago.

Comentarios