A Xunta intensifica as descualificacions á manifestación pola sanidade pública a unha semana da mobilización

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, responsabiliza o BNG e o PSdeG da protesta nacional do vindeiro 12 de decembro contra a política sanitaria da Xunta.
comseña acon pp salnés
photo_camera Comesaña este sábado, con cargos do PP no Salnés.

O malestar social pola situación da sanidade, plasmado na vaga de mobilizacións en varias comarcas galegas nestes meses, ten unha cita o o vindeiro 12 de febreiro cunha manifestación nacional, o que preocupa no Goberno galego, que nas últimas semanas cargou en varias ocasións contra convocantes e concellos do BNG e PSdeG.

Nesta liña, onte foi a quenda do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que acusou o BNG e o PSdeG de “uso partidista” do problema de falta de médicos e recrimínalles a súa “constante oposición ás medidas adoptadas polo Goberno galego para ofrecer solucións” dentro das súas competencia"s.

 “Prefiren votar en contra de calquera solución e non reclamar ao Goberno central que nos permita formar máis médicos para que non se lle caia o seu discurso electoral na campaña”, dixo.

García Comesaña reuniuse na mañá deste sábado na sede local do Partido Popular de Cambados con  alcaldes e voceiros da formación na comarca do Salnés. Unha reunión que tiña por obxectivo dar traslado das medidas que está a adoptar o Goberno galego en materia sanitaria.

Esta comarca, O Salnés, é unha que durante estas semanas acolleu protestas e denuncias contra a política sanitaria da Xunta, á que acusan de deixar sen persoal médico a veciñanza de moitos dos concellos da beira sur da Ría de Arousa.

Afirmou Comesaña que o BNG e o PSdeG abordan o tema de sanidade “non para achegar solucións, nin para propoñer medidas, nin para reclamar a quen ten competencias”, senón que “votan en contra de todo para que non se lle caian os argumentos que utilizan na súa campaña electoral e para que mentres se fale dese tema non se fale doutros problemas”.

Así mesmo, puxo sobre a mesa o “inaudito” de que os partidos da oposición convoquen unha manifestación sanitaria. A mobilización, porén, esta convocada por colectivos en defensa da sanidade pública, con apoio de sindicatos e organizacións de profesionais sanitarios e e usuarios da sanidade pública.

Comentarios