luns 28/09/20

A Xunta inclúe Madrid e exclúe A Rioxa e Portugal da súa lista para o rexistro obrigado de viaxeiros

madrid porta do sol
madrid porta do sol

A Consellería de Sanidade incluíu á Comunidade de Madrid nos territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galiza, mentres que xa non será necesario que as persoas procedentes de Portugal e da Rioxa se punten. Ademais, continúan na lista Aragón, Cataluña, Nafarroa e Euskadi.

O departamento autonómico, que detallou que a nova lista será publicadano Diario Oficial de Galza (DOG), explicou que a actualización xustifícase pola evolución da situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas como noutros países.

Desta forma, ademais da inclusión de Madrid e a retirada da Rioxa da lista, o principal cambio internacional é a exclusión de Portugal, polo que as persoas procedentes do país veciño xa non estarán obrigadas a proporcionar os seus datos de contacto.

A Xunta lembrou que todos os viaxeiros que cheguen a Galiza, despois de permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica catro veces superior á do noso país, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes en Galiza ou non. Deste modo, Sanidade busca conseguir un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

As persoas que visiten Galiza teñen un prazo de 24 horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos, un trámite que terán que realizar cada un dos viaxeiros. Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que estará dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal ou trasladar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21.

comentarios