A Xunta de Feijóo aumenta os fondos para recuperar pistas rurais en ano electoral

Goberno e Deputacións provinciais acordan un plan para arranxar as estradas do rural entre 2014 e 2015. O presidente anuncia un incremento do 82% nos fondos.

Alberto Núñez Feijóo avanzou esta quinta feira que o seu goberno incrementará nun 82% a contía destinada a recuperar as pistas do rural do país. Un plan que desenvolverá de maneira conxunta coas Deputacións provinciais --órgaos encargados da xestión de boa parte das estradas. 

O programa desenvolverase no bienio 2014-2015 --coincidindo co ano electoral-- e mobilizará 25,5 millóns de euros. Segundo o presidente da Xunta o acordo "sen dúbida mellorará as condicións de vida dos galegos" no que considerou un programa de desenvolvemento "integral".

Os fondos investiranse en labores de mantemento, mellora e ampliación das vías municipais e serán asignados en virtude dos criterios dispostos pola Fegamp. 

Comentarios