Xunta e Estado non están a comunicar o uso do glifosato

A forma de usar o químico glifosato por da Xunta e da Administración estatal non segue a norma, di o o Defensor do Pobo estatal. Cinco Concello galegos son declarados non colaboradores co Valedor do Pobo do Estado. Esta institución, ademais, pide a colaboración da Igrexa na investigación sobre os abusos sexuais a menores.
O emprego do glifosato debería ser residual e con aviso. (Foto: Europa Press)
photo_camera O emprego do glifosato debería ser residual e con aviso. (Foto: Europa Press)

Tanto a Xunta como a Administración estatal foron reprendidas pola falta de comunicación e aviso sobre o uso de herbicidas con glifosatos para manter as marxes de estradas na Galiza.

A acusación viu do Defensor do Pobo estatal, que tamén alertou onte das consecuencias negativas do emprego deste produto, así como da falta de seguimento das posíbeis consecuencias quen ten na saúde.

Precisamente, o reproche do Defensor do Pobo chega despois dunha investigación realizada pola institución sobre o uso de herbicidas con glifosato nas marxes das estradas na Galiza, con relación a posíbeis efectos adversos sobre a saúde humana ou o ambiente. 

A pesar das súas consecuencias nocivas, o Defensor do Pobo estatal "non aprecia que o uso de herbicidas con glifosato teña ese carácter residual que afirman as Administracións, e que se axuste de modo estrito aos requisitos de uso establecidos na normativa".

En relación aos riscos, o informe recolle que a Xunta apunta que, "dada a configuración urbanística da Galiza, con núcleos dispersos e edificacións illadas, é frecuente e habitual o tránsito de viandantes e animais domésticos por estradas e camiños", así como que, "en moitos casos, o pastoreo do gando de explotacións agrícolas extensivas alcanza ditas vías, dada a proximidade dos pastos ao perímetro das redes viarias". Por iso, o Defensor considera a falta de aviso "especialmente reprochábel".

Isto sucede, recolle o informe, "a pesar de que o Servizo de Sanidade e Produción Vexetal afirma recibir denuncias habitualmente das gandarías por intoxicacións no gando ou de viandantes por animais de compañía que inxiren ou entran en contacto con vexetación tratada con este tipo de herbicida".

Cinco Concello galegos non colaboradores

Ademais o informe do Defensor do Pobo tamén deu a coñecer onte que os concellos galegos de Bergondo, Ferrol, Bueu, O Carballiño e Verín figuran como cinco dos 110 municipios do Estado "non colaboradores" co propio Defensor do Pobo.

Pídese a colaboración da Igrexa na investigación dos abusos

Por outra parte, o informe desta institución demanda á Igrexa católica española que participe na comisión de investigación sobre os abusos sexuais a menores no seo da institución relixiosa española, comisión que liderará o propio Defensor do Pobo por encargo do Congreso dos Deputados.

Comentarios