EH Bildu critica que a xunta electoral dea os seus espazos nos medios públicos vascos a UPyD

Tras o intentar co BNG en Galiza, a formación liderada por Rosa Díaz intenta silenciar a cobertura da candidatura soberanista de Euskal Herria. Eh Bildu denuncia que ''a xunta electoral deu os nosos espazos electorais en EiTB a UPyD''.

UpyD semella que ten nas organizacións coligadas en 'Os pobos deciden' a súa principal teima nestas eleccións. Após pedir, sen éxito, que se excluíse ao BNG da cobertura informativa da campaña electoral, a formación de Rosa Díaz foi a por EH Bildu. E semella que a súa petición ante a Xunta Electoral de Bizkaia foi atendida. Así o denuncia a coligación abertzale: “A Xunta electoral dou os nosos espazos electorais en EiTB (a radio e televisión pública vasca) a UpyD. Tiñamos 30 minutos e agora só temos 10'.

Para a esquerda soberanista vasca esta decisión “inxusta” non vai calalos. Así, xa comezaron a pedir a través das redes sociais o apoio da xente. “Agora só dependemos de vósn para que os spots se vexan”, sinalan. E piden a internautas e usuari@s que espallen o spot electoral de EH Bildu.

“Non lograron silenciar ao BNG e non lograrán silenciarnos a nós”

A través das redes sociais cargos da esquerda abertzale lembran que UpyD tentou tamén que se silenciase ao BNG. “Non lograron silenciar ao BNG e non lograrán silenciarnos a nós”, di Maite Ubiria.

A formación españolista presentara un recurso perante a Xunta electoral en que se pedía a exclusión do BNG da cobertura informativa da campaña eleitoral co argumento de a formación liderada por Xavier Vence non ter a consideración de "forza parlamentar".

Baseaba o seu recurso UPyD en que, segundo a Xunta Eleitoral Central, o escano obtido en 2009 pola coligación en que estaba integrado o BNG pertencía en realidade a ERC. Porén, ese escano foi rotatorio e Ana Miranda si foi, por espazo de 18 meses, eurodeputada.


 

O BNG reaxiu con ironía perante o recurso de UPyD e chegou a afirmar nas redes sociais que Ana Miranda non existía e que o material audiovisual que testemuñaba a súa presenza en Bruxelas e Estrasburgo era só unha montaxe para, sen ter dereito, coarse nos informativos da galega.

Comentarios