Un alto cargo insiste en cargar sobre o Concello de Vigo

A Xunta desenténdese de responsabilidades no accidente do Marisquiño

A Xunta atopou no accidente do festival O Marisquiño de Vigo un flanco polo que atacar o Concello de Vigo. A comisión de investigación do Parlamento galego é o escenario. Ao día seguinte de que o alcalde, Abel Caballero, negase toda responsabilidade, un alto cargo da Xunta criticou que o concello “autorizase o festival como se fose unha verbena” e desentedeuse do sucedido.
 

Dársena do Paseo das Avenidas após o accidente (Foto: arquivo 112).
photo_camera A pasarela caída durante o Marisquiño en Vigo. Imaxe: cedida.

O ex director xeral de Emerxencias, Luís Menor Pérez, compareceu no órgano parlamentario para afondar na estratexia do Goberno de Feixoo e afirmar que “non parece axeitado aplicar unha consideración de eveneto semellante a unha verbena e conceder só unha autorización de ocupación de solo”.

A oposición, que só conforman En Marea e BNG dado que o PSdeG se ausentou, censurou as explicacións de Menor Pérez e pediron que afondase na supervisión da Dirección Xeral de Emerxencias na autorización de eventos dese tipo.

O alto cargo, porén, descargou todo sobre o Concello de Vigo, “o único competente para autorizar, controlar e sancionar”. “Non nos invitaron, non pediron o posto de mando avanzado, non podemos colaborar se non nolo piden”, afirmou, como se o que suecede en Vigo non fose competencia da Xunta.

As escusas do ex director xeral de Emerxencias, para quen o que foi o seu departamento non tiña nada a ver coa seguridade dun festival como O Marisquiño, completáronse coa intervención do deputado do PP Alberto Pazos Couñago. “O sistema de emerxencias de Galiza é comparábel ao mellor do globo terráqueo, ao mellor”, dixo.

Comentarios