A Xunta deixa sen executar 100 millóns de euros de subvencións

Oito de cada dezconcellos beneficiados polos convenios de Presidencia son do PP, así como sete de cada dez que recibiron os convenios de Augas de Galicia; denuncian as socialistas no Parlamento da Galiza.

San Caetano, Xunta da Galiza
photo_camera San Caetano, Xunta da Galiza

A Xunta deixou sen executar 100 millóns de euros dos convenios e subvencións previstos nos orzamentos para so concellos galegos. Denunciouno no parlamento a portavoz de Facenda e de Política Municipal do PSdeG, Begoña Rodríguez. A parlamentar puxo en dúbida o reparto das axudas que si se executan, indicando que a inmenda mayoría dos concellos beneficiarios, oito de cada dez, son do PP.

En 2018, o último co exercicio contable pechado, a Xunta deixou sen executar 54,5 millóns de euros destinados ás corporacións locais, que se suman aos 43 millóns de euros do ano 2017. Un total de 100 millóns, indica a deputada, que a Xunta deixa de entregarlle a uns concellos nos que “o seu problema máis grande é o financiamento, e que durante a crise foron os que evitaron a exclusión económica e social da cidadanía”.

Afirmou Rodríguez que 9 de cada 10 concellos que recibiron os 2,7 millóns do Plan de Infraestruturas Rurais foran do PP. E que o mesmo sucede cos 13 millóns do Plan Hurbe, onde 94% dos concellos receptores eran do PP; ou cos 2,5 millóns de subvencións de Presidencia en réxime de concorrencia non competitiva e onde 8 de cada 10 concellos beneficiarios eran tamén do PP.

Engadiu que 8 de cada 10 concellos beneficiados polos convenios de Presidencia durante todo 2018 eran do PP, así como 7 de cada 10 concellos que recibiron os convenios de Augas de Galicia. 

Comentarios