sábado 08/08/20

A Xunta considera que ir votar sendo positivo en Covid-19 ou con síntomas sería unha infracción da lei

A Xunta da Galiza considera que ir votar este domingo dando positivo en Covid-19 ou estando á espera de realizar a proba ou con síntomas sería unha infracción da Lei de  Saúde da Galiza por desobediencia ás autoridades sanitarias e causar un risco de saúde.
 
Simulacro de votacións na Galiza para o 12-X (Imaxe: Arxina)
Simulacro de votacións na Galiza para o 12-X (Imaxe: Arxina)

Ir votar o 12 de Xullo dando positivo en Covid-19 ou estando á espera de realizar a proba ou con síntomas sería unha infracción da Lei de Saúde da Galiza por desobediencia ás autoridades sanitarias e por causar un risco sanitario, considerou este sábado a Xunta.

Así o indicaron fontes do Goberno galego na este sábado 11 de xullo, en plena xornada de reflexión, despois de que Euskadi advertise de que as persoas contaxiadas de coronavirus cometerán un delito se van votar e que isto podería penalizarse.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este sábado, tras visitar o centro de prensa habilitado para a xornada electoral, en que as persoas nesta situación non poden deixar o 12-X a súa corentena para acudir ás urnas e explicou que as autoridades sanitarias se puxeron en contacto con elas, case 300, para comunicarlles a prohibición.

"Non é un número significativo", dixo Rueda en alusión ás galegas e galegos que por mor de estaren afectados polo virus fican sen poderen votar ao non se habilitar ningunha alternativa.

comentarios