A Xunta comprométese a presentar o contrato con Enrique Iglesias a próxima semana

A directora de Turismo, Nava Castro, confirmou que remitirán o acordo co cantante polo que se pagaron máis de 300.000 euros para a gravación dun vídeo. 

iglesias
photo_camera Captura do vídeo de Iglesias


“Agora estamos en Semana Santa e despois colgarase, claro que si”. Así de concisa foi a directora de Turismo da Galiza, Nava Castro, interpelada sobre o polémico contrato da Xunta coa produtora de Enrique Iglesias. O compromiso chega despois de aprobarse no Parlamento unha proposición non de lei do BNG para que o acordo sexa público.

Castro confirmou que o contrato polo que se pagaron máis de 300.000 euros para a gravación dun vídeo do cantante no país será presentado a próxima semana, aínda que asegurou que se trata dunha “cuestión administrativa".

O Executivo galego terá que presentar os pregos técnicos e administrativos que fundamentaron a elección do cantante, sen relación coa Galiza. 

O BNG pide que se demostre o retorno

A proposición defendida pola deputada nacionalista Ana Pontón na Comisión de Industria logrou o apoio de todos os grupos parlamentarios, incluído o PP, que rexeitara anteriores peticións.

O Executivo galego terá que presentar o contrato coa produtora xunto aos pregos técnicos e administrativos que fundamentaron a elección do cantante, sen relación coa Galiza. 

O BNG pediu ademais que se presente o informe que demostra o suposto retorno económico do investimento que defende a Xunta. Pontón considerou que o contrato será a proba do “despilfarro” de cartos públicos e dos “agasallos económicos”  ao “millonario de Miami”, en referencia a Iglesias.

Comentarios