A Xunta anuncia que presentará os orzamentos antes de decembro

O Executivo anunciou que aprobará 2.741 prazas de función pública nos orzamentos deste ano.
Valeriano Martínez no pleno (Xunta)
photo_camera Valeriano Martínez no pleno (Xunta)

O conselleiro de  Facenda, Valeriano Martínez, avanzou nunha comparecencia no Parlamento que a Xunta entregará os orzamentos de 2021 á Cámara galega antes de que comece o mes de decembro.

Ademais informou que a Xunta aprobará proximamente a oferta de emprego para 2020 con 2.741 prazas en función pública, das que 1.215 son para servizos sociais integrados no Consorcio  Galego de  Servizos de  Igualdade e  Benestar. As 1.526 prazas de función pública que non corresponden con servizos sociais serán en "a súa maioría" de acceso libre. 

O obxectivo é convocar, "como mínimo", 10.000 prazas de emprego público esta lexislatura, xa que se vai a "impulsar o proceso de renovación de persoais" #ante as xubilacións previstas.

A estas prazas hai que engadir 3.263 postos para continuar co proceso de  funcionarización do persoal laboral fixo da Administración autonómica en persoal funcionario. Un proceso que xa está en marcha e ao que solicitaron acollerse máis do 95% dos profesionais da Administración galega. Esta oferta súmase á convocada no ensino e xa en execución con 3.654 prazas, así como á que se aprobará no sector sanitario. 

Visión dos grupos

Desde o BNG, a deputada Noa Presas reprochou á Xunta que "leva oito meses evadindo responsabilidades", á vez que lle afeou ao conselleiro que "pintou unha realidade que non se corresponde co que están a sufrir miles de galegos". "

Begoña Rodríguez Rumbo (PSdeG) expuxo que as contas teñen que servir para "minimizar efectos devastadores" da crise, polo que "non pode ser como anteriores" e só limitarse a "cadrar contas". 

Desde o PPdeG, Pedro Puy opinou que "son boas noticias" para afrontar un reto que calificou de "descomunal".

Comentarios