A xuíza imputa Louzán, Caballero e 44 persoas máis na 'Operación Patos'

Acepta a petición da Fiscalía por supostas irregularidades en contratacións públicas e recepción ilegal de agasallos.

Abel Caballero
photo_camera Abel Caballero

Esta sexta feira a xuíza instrutora da Operación Patos comunicou a súa decisión de admitir algunhas das imputacións solicitadas pola Fiscalía no marco do proceso xudicial que investiga supostas irregularidades en contratacións públicas e recepción ilegal de agasallos. 

Neste senso, María del Carmen García Campos imputa 46 persoas entre responsábeis políticos, técnicos e empresarios. Entre os nomes o do ex-presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PP) e Abel Caballero (PSOE), alcalde de Vigo e presidente da Federación española de municipios.

Tamén, a delegada da Xunta, María José Bravo Bosch (PP), os edís vigueses  Angel Rivas e David Regades, o ex-vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa e o ex-concelleiro de Nigrán, José Álvarez Valverde. 
 

Comentarios