A xuíza aprecia indicios de delitos en Pablo Casado polo seu máster

Eleva a causa ao Tribunal Supremo

pablo casado PP

A xuíza que investiga o caso do máster de Pablo Casado aprecia “indicios de responsabilidade penal” no presidente do PP e elevou a causa ao Tribunal Supremo por ser Casado una persoa aforada.

Nun auto asinado esta segunda feira, a maxistrada establece que “se procede a elevar exposición delimitando o alcance obxectivo e subxectivo dos feitos, os indicios racionais de criminalidade que o sustentan, os indicios que poderían acreditar a súa atribución á persoa aforada e a súa cualificación xurídica”.

A maxistrada prosegue esta semana coa rolda de declaracións que abriu a semana pasada e interrogará como testemuña outros alumnos que realizaron o máster do presidente do PP no curso 2008-2009.

Ao se coñecer a noticia, Pablo Casado compareceu ante a imprensa para afirmar que "fixo todo "correctamente" e que "en absoluto penso dimitir".

Comentarios