Xosé Manuel Barreiro afirma que “o PP non terá problemas para substituír Feijóo"

O portavoz do PP no Senado di que o partido ten “persoas con capacidade suficiente” para substituír o actual presidente da Xunta.

barreiro-crop
photo_camera Barreiro

O presidente do Partido Popular no Senado afirma que o PP “non terá problema” para substituír Núñez Feijóo se este non recunca como candidato nas vindeiras eleccións galegas. O PP ten “persoas con capacidade suficiente” para coller o relevo, manifestou Xosé Manuel Barreiro este domingo nunha entrevista na Cadea Ser.

Barreiro dixo que Feijóo é “o Fraga do momento” e considera que é cedo afirmar que non vai dar o paso e optar a un cuarto mandato á presidencia da Xunta.

"Eu non teño ningún tipo de dúbida que no momento no que Feijóo decida que debe dedicarse a outro tipo de actividades, xa sexa noutro ámbito político, noutro ámbito xeográfico... pois estou seguro que o partido aquí en Galiza vai ter persoas con capacidade suficiente e con experiencia acreditada tamén para poder continuar este labor que agora está a facer de forma tan brillante Alberto", dixo.

Comentarios