Xosé Luís Rivas 'Mini': "Galiza necesita un novo status político"

O candidato do BNG pola circunscrición da Coruña participou xunto co deputado da formación no Congreso, Néstor Rego, nun acto en conmemoración do Estatuto galego do 36.
O candidato do BNG pola circunscrición da Coruña, Xosé Luís Rivas Mini, nun acto de celebración do estatuto (Imaxe:BNG).
photo_camera O candidato do BNG pola circunscrición da Coruña, Xosé Luís Rivas Mini, nun acto de celebración do estatuto (Imaxe:BNG).

Mentres a aspirante do BNG a presidir a Xunta, Ana Pontón, prepara co seu equipo o debate do 29 de xuño, o candidato da formación pola circunscrición da Coruña, Xosé Luís Rivas, estivo acompañado polo deputado no Congreso do BNG, Néstor Rego, nun acto en Compostela de celebración do Estatuto galego do 36.

Rivas e Rego destacaron a necesidade dun cambio da man do BNG o vindeiro 12 de xullo. Para que Galiza conte cun novo status político. "Galiza necesita un novo status político, pero sobre todo necesita un novo status de Goberno, necesita un Goberno nacionalista forte que pense desde o país e para o país", asegurou Rivas.

Galiza necesita un Goberno nacionalista forte que pense desde o país e para o país, asegurou Rivas

"O BNG ten analizado sobradamente que o actual marco estatutario non dá solución aos principais problemas sociais, económicos, culturais e políticos do país", acrecentou Rego, incidindo que existe un respaldo social cada vez maior á demanda do BNG de que "Galiza poida decidir libremente sobre os seus asuntos".

De cara a cita coas urnas, Rivas destacou que a cidadanía galega ten a oportunidade de escoller "un Goberno presidido por unha muller nacionalista, Ana Pontón". "Sacará a Galiza da inacción e devolverá o pulo aos nosos sectores produtivos, aos servizos sociais e as liberdades", asegurou.

Comentarios