Unhas xornadas en Becerreá analizan as políticas de esquerda máis acaidas para as zonas de Alta Montaña de Europa

O encontro quer ser, segundo AGE, organizadora da cita, unha xuntanza de debate e análise dando voz á veciñanza para 

lidia senra

‘As áreas de alta montaña na Unión Europea: Unha perspectiva dende a esquerda’ é o título das xornadas que decorrerán esta fin de semana en Becerreá, organizadas por AGE en coordinación co Grupo de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde (GUE/NGL). Esta cita quer ser. Segundo Alternativa Galega de Esquerdas, “un espazo de encontro, información e debate co obxectivo de analizar en profundidade o tipo de políticas que se están a aplicar nas zonas de alta montaña, tomando como eixo central a valoración que das mesmas realizan as persoas residentes nestas áreas”.

Como segundo paso deste encontro impulsado pola eurodeputada Lidia Senra, esas propostas, achegas e debates nas xornadas permitirán "analizar a situación e debater sobre propostas de futuro para levar ás institucións nas que temos presenza". "As políticas neoliberais, deseñadas polos diferentes estamentos da Unión Europea en base ás competencias que cada un deles ten, provocaron a desaparición de milleiros de explotacións agrarias no noso país", valora Senra. "Este feito minou a base económica do medio rural e provocou o abandono e desertización de moitas áreas do noso país, sendo as máis afectadas as zonas de alta montaña". 

Comentarios