Wert dá unha nova volta de porca ás bolsas

A convocatoria feita pública esta segunda feira recolle mudanzas nos criterios de asignación das axudas á residencia. O Ministerio computará a vivenda d@ familiar máis próxim@ ao centro de estudos aínda "que non coincida co domicilio legal do solicitante"

Wert
photo_camera Wert

Así o recolle a resolución de convocatoria das bolsas de axuda ao estudo para o curso 2013-2014. A norma atinxe ás ensinanzas superiores, non obrigatorias, universitarias ou non --agás doutoramento estudos de especialización e títulos propios de universidades. Inlúense pois as Formacións Profesionais de grao medio ou superior e as Escolas oficiais. 

A medida, que non foi anunciada polo executivo español, impedirá acceder a unha axuda de 1.500 euros a aquel@s estudantes que teñan un/ha familiar vivindo na mesma cidade ao considerarse que ese é o domicilio d@ solicitante en troca da súa residencia legal (alí onde está empadroad@). 

Entre as mudanzas que recolle a convocatoria estabelece unha serie de "obrigas" para @s estudantes que deberán "destinar a bolsa á finalidade para a que se concede", segundo recolle o texto. Entre elas re-embolsar a contía percibida nos supostos explicitados na propia resolución. Isto é, anulación da matrícula ou non ter superados os créditos exixidos. 

No caso das ensinanzas non universitarias, non ter asistido a un mínimo do 80% de horas lectivas ou non ter aprobados o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas.

Comentarios