Vox veta na noite electoral os medios públicos de Galiza, Euskadi e Catalunya

[ACTUALIZADA O DÍA 26 DE ABRIL ÁS 22.40] A formación de Santiago Abascal convidou e acreditou 80 medios de comunicación para esa noite mais fecha as portas a quen informa noutras linguas cooficiais no Estado.

vox abascal

Vox convidou e acreditou para a cobertura dos resultados na súa noite electoral a 80 medios de comunicación mais fecha as portas aos medios públicos de Galiza, Euskal Herria e Catalunya embora que estas “cumprimentaron as solicitudes en tempo e forma requiridas”.

É a denuncia que se fai desde o Colexio Vasco de Xornalistas e a Asociación Vasca de Xornalistas, que consideran que a “actitude de Vox vai contra o criterio democrático. O dereito de información é un dereito fundamental da cidadanía que se recolle na Constitución”.

Ambas entidades, aliás, subliñan que se vete a medidos de radio e televisións públicas “que tratan a información nos tres idiomas cooficiais” no Estado: galego, euskera, catalán.

A CRTVG saíu ao paso na súa conta de Twitter o día 26 á noite, para advertir de que non sufrira veto ningún.

Comentarios