Concentración antifascista

Vox trata a Galiza de rexión entrañábel da nación española

Abascal na Coruña advirte que España non se discute, senón que se defende até as últimas consecuencias fronte calquera intento independentista. Ás portas do mitin concentrouse máis dun cento de mozas e mozos con bandeiras de Galiza e lemas antifascistas e feministas.

concentracion vox
photo_camera Concentración na Coruña ante o mitin de Vox

Santiago Abascal achegouse á Coruña para participar do mitin da organización de ultradereita. Fóra do auditorio recibiuno máis dun cento de mozas e mozos que portaban bandeiras de Galiza e entoaban lemas antifascistas e feministas.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, participou do acto que o seu partido de ultradereita organizou en Palexco, na cidade da Coruña, no marco da campaña electoral do 28A. Desde alí chamou á defensa dunha España unida enchendo as urnas de votos para a súa formación, e cualificou a Galiza de rexión entrañábel da nación española

Advertiu que "España nin se vota, nin se negocia, nin se discute, deféndese até as últimas consecuencias" fronte calquera intento independentista.

Non ficou curto en críticas a Sánchez, Feixoo e Rivera, e advertiu que "España nin se vota, nin se negocia, nin se discute, deféndese até as últimas consecuencias" fronte calquera intento independentista.

Berraron mensaxes como “Fascismo nunca máis” e “Galiza ceibe, poder popular”

Máis dun cento de persoas, na súa maioría mozas, congregouse ante Palexco para recibir a Abascal con proclamas e eslóganes antifascistas e feministas. As persoas manifestantes ondearon bandeiras da Patria Galega e berraron mensaxes como “Fascismo nunca máis” e “Galiza ceibe, poder popular”.

A policía antidisturbios situouse todo o tempo ante as mozas e mozos que se concentraron contra a presenza da ultradereita.

Comentarios