Vox garante o seu apoio a Feixoo para que poida seguir a gobernar se perde a maioría en 2020

Así o anunciou Ortega Smith en Lugo, incidindo en que a máxima prioridade é evitar que a esquerda goberne.

vox abascal

Vox ofrece a Núñez Feixoo o seu apoio para que poida seguir no poder após as eleccións de 2020 se neses comicios o PP perde a maioría absoluta. Un ofrecemento feito en Lugo polo número 2 da formación ultra dereitista, Ortega Smith, que incidiu en que para Vox o importante é evitar que “a esquerda goberne”.

Smith, porén, dixo que ese apoio non era un “cheque en branco” e que en caso de ser necesario o seu apoio ao PP para gobernar pedirán que se asuma polo goberno “unha lista de medidas”.

O dirixente de extrema dereita cargou no acto en Lugo contra Manuel Fraga, ao que acusou de ser responsábel de “impoñer o galego”. Nesta liña, instou a Feixoo a que defenda que Galiza é “unha parte inseparábel de España”.

Comentarios