Vox e Cs confirman a súa intención de asistir ao debate da CRTVG

Debate galegas 2016
photo_camera Debate galegas 2016

Vox e Ciudadanos, formacións que actualmente non teñen representación na Cámara galega nin escanos por Galiza no Congreso dos Deputados, confirman a súa intención de asistir ao debate que a Corporación de Radio e Televisión de Galiza (CRTVG) propuxo para o 23 de mazo, a primeira segunda feira da campaña

Fontes do partido que dirixe Santiago Abascal e da formación laranxa ratificaron, a Europa Press, a intención de formar parte do debate a seis bandas que expuxo o ente público, ao que tamén asistirán PP, PSOE, BNG e Galicia en Común-Anova Mareas.

Nin Ciudadanos nin Vox obtiveron representación nos comicios xerais nin galegos de 2016. No caso da cita electoral máis recente, o partido de Abascal chegou ao 7,8% dos votos en Galiza e quedou como cuarta forza política; mentres que Cs estivo por baixo da barreira do 5% necesaria para conseguir escano en cada unha das circunscricións (cun 4,32% de media).

Mentres, nas eleccións municipais de maio de 2019, Cs obtivo un total de 33 concelleiros en Galiza cun 3 por cento dos votos de todo o país e sexta formación en número de edís e porcentaxe de votos.

Á marxe destas dúas formacións, tamén PP, PSOE, BNG e Galicia en Común expresaron a súa vontade de asistir a un debate electoral na cadea de televisión pública de Galiza.

Comentarios