A extrema dereita gaña en Franza e Dinamarca

Gañan en Francia, onde Le Pen xa pide eleccións anticipadas, e Dinamarca. Os neonazis convértense na terceira formación en Austria, Finlandia e Grecia

Marine Le Pen
photo_camera Marine Le Pen

A extrema dereita avanza con forza en Europa, segundo as primeiras sondaxes a pé de urna. De confirmarse estos datos, os partidos da extrema dereita convertiríanse na principal forza en Francia e Dinamarca, e a terceira máis votada en Austria, Finlandia e Grecia. Subirían ademais en Hungría co 18% dos sufraxios e en Alemaña, onde os neonazis gañarían o seu primeiro escaño.

Só en Holanda o antiislamista Geert Wilders, do Partido da Liberdade, caería con respecto a 2009. Aínda así tería o apoio do 12,2% dos electores, fronte ao 17% que acadou nos anteriores comicios. A suba máis preocupante produciuse en Francia, onde o Frente Nacional de Le Pen obtería un de cada catro votos, entre 23 e 25 escaños no Parlamento Europeo.

 O Frente Nacional de Le Pen obtería un de cada catro votos, entre 23 e 25 escaños no Parlamento Europeo

Tamén o xenófobo Partido Popular Danés gañaría as eleccións europeas no país nórdico cun 23% dos sufraxios, que significarían tres escaños no Parlamento Europeo. En Austria, as sondaxes amosan un forte ascenso da ultradereita, representada no Partido Liberal FPÖ, que sumaría sete puntos máis até o 20% dos votos.

O True Finns, o partido da extrema dereita finesa, subiría levemente para acadara terceira posición, sumando un novo escaño ao actual. Igual que en Grecia, onde o neonazi Amencer Dorado podería obter dous escaños a pesar de que os seus dirixentes están en prisión. Tamén sumarían un asento en Alemaña coa entrada do Partido Nacionaldemócrata.

Comentarios