O voto CERA confirma o escano noveno do PP en Ourense

O voto CERA non altera o reparto de actas en Ourense: 9 para o PP, 2 para o PSdeG, 2 para En Marea e 1 para o BNG.

Feijóo con Baltar (Foto: PPdeG)
photo_camera Feijóo con Baltar (Foto: PPdeG)

O escano en xogo entre o PP e o PSdeG fica finalmente do lado da formación conservadora.

O PSdeG tiña razoábeis posibilidades de acadar unha terceira acta. Precisaba de primeiro enxugar a distancia que o separaba do último escano do Partido Popular -135 votos- e logo obter no mínimo un terzo dos sufraxios colleitados pola formación de Baltar nesta circunscrición.

Mais o resultado final deixa as cousas como ficaron a noite do 25S, ao totalizar o PP 1.059 votos e ficar o PSdeG en 344. En Marea foi terceira forza no voto dos residentes ausentes de Ourense, con 214 sufraxios, en tanto que a listaxe liderada por Noa Presas (BNG) colleitou 58.

Comentarios