Viveiro aproba en pleno instar os Goberno español e galego a nacionalizar Alcoa

A moción contou co apoio de todas as formacións agás o PP, que optou por se abster.

EuropaPress_3183570_manifestacion_marina_lugo_apoyo_trabajadores_alcoa
photo_camera (Europa Press)

O Pleno do Concello de Viveiro aprobou unha proposta presentada pola concelleira do BNG Miriam Bermúdez para instar os Gobernos, tanto o galego como o español, a nacionalizar Alcoa.

A proposta sinalaba que a nacionalización era unha ferramenta que se estaba a usar por parte de estados como o alemán ou o francés como ferramenta. A nacionalización, afirman, “reúne todos os requisitos desde o punto de vista legal, porque conta co amparo do Estatuto de Autonomía, do marco constitucional e tamén da normativa europea, polo que “estamos falando dunha cuestión de vontade política para manter viva unha comarca”.

No escrito aprobado co apoio de todas as formacións agás do PP, que se abstivo, tamén se demanda unha mudanza do marco enerxético “tendo en conta que Galiza é produtora neta de electricidade, poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega cun status especial para as industrias electrointensivas”.

Comentarios