Vítimas do Alvia cualifican de "ofensa" que Ana Pastor encabece a lista do PP por Pontevedra

A Plataforma Vítimas ALVIA 04155 considera que Pastor, presidenta do Congreso e cadro político da máis directa confianza de Mariano Raxoi, é a "persoa que máis ten traballado desde as institucións públicas para tratar de ocultar as verdadeiras causas dunha traxedia que acabou coa vida de 80 persoas e deixou máis de 140 feridos".

Manifestación das vítimas do Alvia en Compostela, esta terza feira 24 de xullo. Foto: Laura R. Cuba.
photo_camera Manifestación das vítimas do Alvia en Compostela

As vítimas do Alvia focalizan a responsabilidade de Pastor en que, sendo ministra de Fomento, "se desconectou o sistema de seguridade ERTMS" e que se fixo sen previamente ter feito unha "avaliación do risco".

O ERTMS tería evitado que o fallo humano do maquinista resultase nunha traxedia.

A plataforma, nun comunicado enviado aos medios esta segunda feira, apón a Pastor que obstaculizase a realización dunha investigación independente. 

O outro político que se ten visto salpicado pola catástrofe, tamén polas súas responsabilidades como ministro de Fomento, é José Blanco, purgado por Sánchez na lista do PSOE á Eurocámara.

Comentarios