Antón Gómez-Reino/Só no semanario

"De Vistalegre saímos se non reforzados, si sen dúbida unidos"

Antón Gómez-Reino, un dos dirixentes de Podemos na Galiza, prefire planificar o meio e o longo prazo antes que desbaldir enerxías nas escaramuzas do día a día. Entrevistámolo no número 235 do Sermos Galiza en papel, á venda nos quiosques e na loxa.

Antón Gómez-Reino
photo_camera Antón Gómez-Reino

Do teu ponto de vista como sae Podemos de Vistalegre II?

Eu son dos que opina como Isaac Rosa (columista de ElDiario.Es). El ten escrito que o fenómeno de Podemos se estudará nas universidades e mesmo, nun recente artigo, dicía que dependía do que pasase en Vistalegre II, se estudaría ou polo meteórico que foi e a rápida caída ou pola capacidade de chegar nun momento de ebulición e de tensión a un congreso como este e saír non sei se reforzados, mais polo menos unidos. Eu véxoo desa forma. Sen dúbida o escenario de Vistalegre era complexo, de completa ebulición e, baixo o meu ponto de vista, o espazo sae se non reforzado, si sen dúbida unido. Se soubo buscar mecanismos para acoplar mellor a pluralidade, un pouco seguindo a demanda maioritaria de unidade que se expresou na asemblea con berros e demais. Hai, alén diso, outra cousa, que non simplesmente interpela a Podemos, senón a todas e todos os que participamos no espazo do cambio, que ten a ver con que había unha estratexia clara, da grande coligazón, da oligarquía, dos espazos mediáticos maioritarios, de tratar de romper, de fracturar ese espazo previamente a Vistalegre. E creo nese sentido que hai que felicitarse de que non foron capaces de logralo.

2En todo caso, o Podemos que sae de Vistalegre II é bastante distinto do que emerxeu de Vistalegre I. Rachou a equipa fundacional e rachou a dupla Iglesias-Errejón. Como valoras a saída do primeiro plano do taboleiro estatal de Errejón?

Eu son o portavoz de En Marea en Madrid e teño que ter unha posición de máximo respeito perante o debate orgánico de Podemos. Sempre digo que dalgunha forma eu me cinxo ás palabras quer de Pablo quer de Íñigo. Pablo sempre di que Íñigo é fundamental e Íñigo sempre di que Pablo é fundamental. A ninguén se lle escapa que Íñigo ten diferentes desafíos por diante, véxase a hipótese da cuestión de Madrid [a súa eventual candidatura á presidencia da comunidade autónoma en 2019], véxase a súa participación nese goberno na sombra [equipa que formará Iglesias de acordo co modelo do cabinet shadow da política británica] ou na nova secretaría de análise e estratexias de que se vai responsabilizar. Estou certo de que Íñigo sairá airoso de todos eses desafíos.

[Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 235, disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa]

Comentarios