Villegas di que Ciudadanos vai "pelexar" para que en Galiza "o castelán non desapareza da escola"

"En Galiza hai partido que defenden a imposición de determinadas linguas", afirma José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos, nunha entrevista que esta fin de semana publica en Faro de Vigo e na que insiste na teima do seu partido de que o español está en perigo en Galiza.

VILLEGAS Ciudadanos

A "imposición" á que se refire Villegas é, por se é necesario aclaralo, a do galego. O tamén deputado de Ciudadanos no Congreso español advirte que "pelexaremos para que o castelán non desapareza da escola como en Catalunya", unha frase que obvia e ignora a realidade lingüística do ensino en Galiza, como que, por exemplo, só 5% das escolas nfantías nas cidades usa o galego. Ou que hai materias que desde a Xunta se vetou que se desen en galego, como matemáticas. A propia Real Academia Galega (RAG) lamenta quea escola estea a ser un elemento "desgaleguizador".

"Defendemos que saber unha lingua cooficial non pode ser un mérito", di Villegas nesa mesma entrevista, que exixe que "non se marxine o español, a lingua común". Estivo prolífico esta fin de semana o secretario xeral de Ciudadanos na sía visita a Galiza. En declaracións a El Progreso volveu repetir que "non queremos que en Galiza pase o mesmo que en Catalunya coa lingua".

Villegas desembarcou no país para supervisar o proceso de candidaturas laranxas ás municipais. Unha campaña na que, polo que aponta o congresista, Ciudadanos está disposto a xogar a baza da 'guerra lingüística', carta que se ven apenas tivo éxito en Catalunya si que callou en determinados sectores en España. Fica por ver que pasará con ese discurso en Galiza

Comentarios