Villares reitera o chamado a PSdeG e BNG para facer “unha plataforma” coa que concorrer ao Senado

Pide evitar que o PP estea sobrerepresentado na Cámara Alta.

Luís Villares, 15-11-2016

O portavoz de En Marea, Luis Villares, volveu reiterar esta segunda feira a proposta que el propio puxera sobre a mesa a mediados do pasado mes de febreiro: que o partido instrumental, o PsdeG e o BNG sumen forzas nunha plataforma única para o Senado nas vindeiras eleccións do 28 de abril.

Villares, volveu a convidar a estas dúas formacións a constituír unha "gran plataforma" para representar a "Galiza real" na Cámara alta.. Preguntado polos medios sobre unha posíbel coalición con outras forzas nos próximos comicios, insistiu en que en En Marea "hai marxe para a converxencia". Avogou por poñer en andamento unha "plataforma unitaria" que englobe os defensores da "igualdade entre mulleres e homes", os "dereitos sociais" e o "autogoberno de Galiza" no Senado, cuxo sistema lembrou que permite que os maiores partidos consigan escanos máis facilmente.


Nas eleccións xerais de 2016 elixíronse nas urnas 16 senadores e senadoras: 12 do PP, 3 do PsdeG e 1 de En Marea.  O sistema co que se elixen os senadores e senadoras acilita que os populares estean sobrerepresentados.

Comentarios