Villares recoñece estar “insatisfeito” coa xestión do ‘caso Quinteiro’

Nunha entrevista na Cadena Ser Galiza o portavoz de En Marea apela a solucionar este caso “con intelixencia política” e mantén que o óptimo sería que a deputada asumise “responsabilidades”.

luis villares e aida pena cadena ser
photo_camera Luis Villares e Aida Pena nun momento da entrevista. Foto: Cadena Ser

Luis Villares, portavoz de En Marea, recoñece estar “insatisfeito” co desenvolvemento do ‘Caso Quinteiro’ e afirma que el prefería que esa situación se solventase a través da “asunción de responsabilidades” da deputada, que “incrumpre os requisitos éticos” de En Marea.

Nunha entrevista na Cadena Ser Galiza, Villares sinala que, “en todo caso, o importante é que a partir de ese momento se abren as vías procedimentais que están previstas estatutariamente e que todos e todas temos que respectar ", en referencia á consulta ás bases. O portavoz de En Marea confía en que antes do verán poida darse ‘carpetazo’ a este caso, que evidenciou as profundas diferenzas existentes na organización.

Villares contrapón a forma de actuar de En Marea perante estes conflitos, “transparencia” e “ética”, coa que fai o PP. Así, considera que En Marea “ten o deber de solucionar [este caso] con intelixencia política”. 

Comentarios