Villares reclama que o grupo mixto pase ser grupo parlamentar propio coa incorporación de Mariló Candedo

Mariló Candedo e Luis Villares En Marea
photo_camera Mariló Candedo e Luis Villares (En Marea)

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e Mariló Candedo, que tomará posesión da súa acta a semana que vén, compareceron ante os medios esta segunda feira para anunciar a futura incorporación da profesora da Universidade da Coruña ao grupo mixto. Candedo entra en substitución de Manuel Lago, que marcha para Madrid para ser asesor no Ministerio de Traballo.  Villares presentou Candedo como “unha grande coñecedora do sistema educativo do noso país, especialmente do ensino superior na universidade onde ten tomado responsabilidades de goberno”.
 
A entrada de Mariló suma unha nova deputada a un grupo de catro, indicou Villares, que apela á consideración que xa merecen ser grupo parlamentar propio: “Somos sabedores de que somos un grupo político con respaldo dunha organización merecemos esta consideracións e así o solicitaremos coa incorporación de Mariló, comezando pola revisión do número de iniciativas que corresponde presentar na cámara autonómica galega”.
 
 Pola súa banda, Mariló Candedo, recoñeceu como “unha honra inmensa chegar a representar a En Marea no Parlamento da Galiza”.

Comentarios