Rolda de prensa no Parlamento

Villares denuncia “a chantaxe cruzada” entre o PP e o PSOE no bloqueo do financiamento

luís villares
photo_camera Luís Villares.

Luís Villares está disposto a levar ao Parlamento galego unha proposición de lei para instar ao Estado a modificar o artigo 21 da Lei 50/1997, no que se basea a Avogacía do Estado para frear a transferencia de fondos ás comunidades autónomas. O líder de En Marea “reta” ao PP a un debate “monográfico” sobre esta cuestión na cámara galega e di que o Parlamento debe buscar “unha solución definitiva, non partidista, que resolva para sempre esta cuestión en caso de goberno en funcións”.

Villares dixo esta mañá en Compostela que deben rematar “dunha vez por todas as chantaxes cruzadas entre PP e PSOE por conta das contas e deixar as ameazas de recortes en dereitos sociais, que tanto sufrimento social levan causado na última década”, e subliñou que “non se pode pedir por caridade o que nos corresponde por xustiza”.

Segundo fontes de En Marea, un equipo de economistas está a elaborar a proposta que se presentará "nos próximos días".

Comentarios