Política

Villares chama a unha alternativa "en positivo" nas eleccións á Xunta

O voceiro de En Marea insiste na vontade de "sumar" con outras formacións para artellar unha maioría que poida frear a dereita nos comicios de 2020
O voceito de En Marea, Luís Villares, no Parlamento (Europa Press)
photo_camera O voceito de En Marea, Luís Villares, no Parlamento (Europa Press)

O voceiro de En Marea, Luís Villares, incidiu onte na vontade da súa formación en "sumar" para alcanzar unha maioría que poida frear a dereita nas próximas eleccións á Xunta da Galiza a través dunha alternativa que traballe "en positivo".

Neste sentido, Villares chamou o resto de formacións da oposición galega a demostrarlle á cidadanía que teñen "máis en común" que a intención de "botar o PP" da Xunta. Ademais, salientou que "é necesario sumar desde a diversidade".

O tamén portavoz do Grupo Mixto no Parlamento galego volveu explicar a súa proposta de diálogo "sen que ninguén teña que renunciar a nada", en clara referencia ás siglas e, en concreto, ao Bloque Nacionalista Galego.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios