Vigo aproba a súa propia “lei mordaza”

O novo regulamento do pleno contou cos únicos votos a favor do PSOE. Movementos sociais e sindicatos rexeitan unha norma que procura “coartar a liberdade de expresión”.

2016 05 30 ProtestaRegulamentoPlenoVigo01.grande
photo_camera Imaxe: CIG

O pleno do Concello de Vigo aprobou cos únicos votos favorábeis do PSOE a proposta de regulamento do goberno local, polo que a partir de agora as sesións plenarias ríxense por unha nova norma que é rexeitada por organizacións sindicais, políticas e sociais. Entenden que se pretende coartar a liberdade de expresión e dificultar a participación da veciñanza na vida municipal.

Durante o pleno, no que non se rexistraron incidentes, parte do público asistente amosou carteis denunciando a actitude “represora” do alcalde e o seu intento de aplicar unha “lei mordaza municipal”. Unha vez aprobado o novo regulamento, os colectivos que se opoñen á súa entrada en vigor optaron por ausentarse do salón de plenos entre apupos aosGoberno local.

Comentarios