28-M | VÍDEO

Conversa entre a 'influencer' Andrea Cánovas e a alcaldábel do BNG en Narón, Olaia Ledo

Cánovas é unha ‘tiktoker’ moi coñecida xa que conta con máis de 100.000 persoas que a seguen na rede social.
Andrea Cánovas e Olaia Ledo (Foto: Nós Diario).
photo_camera Andrea Cánovas e Olaia Ledo (Foto: Nós Diario).

A candidata do BNG á Alcaldía de Narón, Olaia Ledo e a ‘influencer’, Andrea Cánovas mantiveron unha conversa que foi retransmitida na canle de YouTube do Bloque de Narón.

Cánovas é unha ‘tiktoker’ moi coñecida xa que conta con máis de 100.000 persoas que a seguen na rede social.

Ao longo da conversa, Cánovas e Ledo trataron temas como o emprego xuvenil na Galiza e concretamente no concello de Narón así como a situación da mobilidade e como esta afecta de maneira máis pronunciada a mocidade.

A maneira de conectar coa xente nova desde a política tamén centrou boa  parte da conversa entre Ledo e Cánovas.

Conversas sobre igualdade

Esta mesma terza feira, o BNG de Narón organizaba unha conversa sobre políticas de igualdade no ámbito municipal.

Alí, Ledo presentou as súas propostas en canto ás políticas de igualdade no Concello de Narón nunhas conversas nas cales estaban presentas mulleres da Marcha Mundial de Mulleres da comarca de Ferrolterra, doutras entidades que loitan a prol dos dereitos das mulleres, e veciñas do concello de Narón.

Todas elas falaron das cuestións que é preciso mellorar para chegar a unha igualdade real. “As políticas de igualdade deben ser transversais e máis na administración máis próxima, por iso a a necesidade dunha técnica de igualdade”, comentou Ledo.

Comentarios